Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

26 ene 2018

2017-2018


                                 Sesión do 27 de novembro de 2017

     Coma o lema da Biblioteca é: “Territorio das artes , nesta segunda sesión co grupo de 1º e 2ª da ESO, centrámonos nas distintas actividades artísticas que se mencionan na primeira metade do libro O enigma de Mona Lisa.

    En primeiro lugar falamos do teatro e algúns contaron as súas experiencias neste campo xa que ou ben forman parte este ano do grupo de teatro do IES ou ben actuaran o curso pasado.

    A continuación pasamos a falar do cadro de Mona Lisa, actualizando os datos que sabíamos sobre el: que está no Louvre, que é un cadro pequeno, que sempre hai moita xente parada diante para velo, que a luz que despide é distinta aos outros cadros...



    Despois comentamos o capítulo 7 do libro, onde se propoñen as actividades especiais para a primavera: "Olimpiadas de xadrez, atletismo e fútbol mixto". Fixemos un debate, levando estas 3 propostas ao noso IES.

   O tema das olimpiadas de xadrez parecíalles ben xa que este ano existe a materia de xadrez en Libre Configuración e con moitos alumnos e alumnas aos que lles gusta xogar nos recreos.

   En canto ao atletismo tamén tivo bastantes defensores e ao chegar ao tema do fútbol mixto tod@s decidimos que no noso IES non existen problemas para xogar xuntos rapazas e rapaces, o que resulta un bo punto de partida para conseguir a igualdade.

   Para rematar esta sesión empezamos a ler en alto o capítulo 8 do libro e quedaron en ler a segunda metade do libro para a vindeira sesión.      

No hay comentarios: