Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

26 ene 2018

2017-2018


                       Sesión do 18 de decembro de 2017

     Nesta 3ª sesión co grupo de 1º e 2º da ESO, comentamos os temas tratados na segunda metade do libro, aínda que algúns non tiveron tempo de lelo (tempada de exames?).

    Para que ninguén quedase atrás lemos algúns fragmentos desta parte, os que non pareceron máis interesantes, isto é, o capítulo 10 "Unha estatua mareada" no que se nos conta como lles foi a representación da obra no colexio e o capítulo 13 "O gran partido" na que nos enteramos de como os protagonistas xogaron o partido de fútbol mixto co seu equipo chamado, adiviñades?, “Mona Lisa”.   

    Despois de comentar o final do libro e escoitar as opinións sobre el, a máis común é que lles resultou moi entretido, pasamos ao seguinte libro que iamos ler: A orquestra terrestre de Harkaitz Cano, que nos servirá para falar do mundo da música.



      Limos en alto o primeiro capítulo do libro e quedamos en que lerían esta obra para a próxima reunión, xa despois das vacación de Nadal. 

No hay comentarios: