No cumio da súa carreira americana, Alfred Hitchcok (era británico) rodou un filme de baixo presuposto, en branco e negro e con actores de menor impacto en taquilla do habitual. Pero Psicose, grazas en gran parte ao brutal asasinato baixo a ducha, unha escena xa antolóxica, copiada ou homenaxeada ata a saciedade, converteuse nun dos grandes éxitos do cineasta e nun clásico do cinema de terror, cuxa influenza aínda chega ata hoxe neste xénero.
O que fai inmortal a Psicose é que conecta directamente cos nosos medos. O director atrévese a cargarse á protagonista a metade do filme e lle sae unha obra mestra do entretemento e do horror da que Perkins nunca puido fuxir. Tensión, terror e intriga nun filme que hai que ver.
ambientación e a escenografía xogan un papel fundamental. Está a casa prohibida, típica dun conto terrorífico, co seu aspecto lóbrego e inquietante, cun certo toque “gótico”. Hai un xogo de elementos verticais e horizontais, sendo os primeiros os que se relacionan co máis inquietante, como as puñaladas da ducha que se desnvolven de arriba cara abaixo, o aspecto de Norman Bates, delgado e alto, obxectos punzantes que aparecen. Esa tormenta que racha a noite escura e que envolve á protagonista fuxitiva, temerosa, dubidosa, que acaba entrando, a través da noite e da choiva, nunha especie de túnel hacia o descoñecido, ata dar co motel que semella estar en ningunha parte. Outro recurso é o xogo de sombras, ventás e espellos, como imaxe da conciencia de un mesmo, e como elemento perturbador e terrorífico que fai que o espectador confunda espazo real e espazo imaxinario cun gran desasosego. O leit-motiv do filme (tema ou idea básica que se repite e sobre a que se desenvolve unha historia, unha música, etc) é a fragmentación, que vemos nos personaxes, nos obxectos, nos lugares, nos planos. Sempre hai dúas partes que loitan, que aparecen como contrarias, por exemplo a imaxe feminina loira, vestida de tons claros, fronte a un personaxe masculino - o seu antagonista - moreno e vestido de tons escuros. Sabemos que tradicionalmente o escuro está relacionado co oculto, co descoñecido, co misterioso, fronte a claridade, a luz e o positivo. Pero Hitchcok tamén se atreve a identificar ao espectador co xogo da dobre personalidade que presentan os personaxes do filme. A cámara é a extensión do ollo do espectador, que ofrece unha visión parcial e ilusoria, convertíndonos en miróns e vendo a película como se estivésemos comentendo un acto prohibido e por iso sentimos o medo ao castigo. No úñtimo plano a mirada de Norman é lanzada sobre nós dende a súa enaxenación, dende o abismo interior. O directo aínda forza máis esta sensación cando é capaz de superpoñer nun instante sobre o rostro de Norman Bates a caveira da súa nai morta e momificada.
A Ducha máis famosa e aterradora do cinema.

Dentro do Motel está a ducha na que vai acontecer a secuencia máis aterradora de todas. A impresión de brutalidade e deseperación non ven dada pola cor, os detalles ou o sangue, senón polo grito e pola mirada vacía de Marion, que mira fixamente ao seu asasino e finalmente por ese ollo aberto e morto en primeirísimo plano. Ë rompedor que o director inclúa a morte da protagonista no primeiro acto, é un elemento de desconcerto que provoca un profundo pavor en nós. A escena da ducha está resaltada pola textura fílmica, polos movementos de cámara rápidos, cortantes e sobre todo pola música de Bernard Herrmann, onde os violíns soan a cuchillazos e viceversa, acompañados só polo son da auga, dura apenas un minuto e foi rodada dende setenta emprazamentos de cámara diferentes e durante sete días. A fragmentación é total, componse de 50 planos. O espectador non ve a escandalosa cor vermella do sangue, pero o horror do crime é manifesto. A extraña natureza da música é desconcertante é provoca o medo en nós. Así resulta todo máis impactante, maís violento, maís subxectivo, maís incontrolado todo na secuencia.

2 comentarios:
la peli me gusto pero... se pasa media pelicula en el coche lo unico que mola un poco es cuando enpieza a morir gente
estuvo bien pero al menos a mi me fue dificil entenderla menos mal que me lo explicó alguna genbte y después el libro que lo explicaba mucho mejor que la película deberían haber puesto el final del libro en la peli
Publicar un comentario