Desde que nos mergullamos hai unhas semanas no mundo dos libros ilustrados e, en concreto, no universo de Jimmy Liao, as compoñentes do equipo de biblioteca quedamos absolutamente rendidas á beleza das imaxes e á máxica tenrura que despertan as súas historias.
Tanto foi así, que nun ataque de osadía decidimos poñernos en contacto con el a través da súa editorial en España, Barbara Fiore. Esa mesma tarde rexistrabamos no blog unha visita desde Taipei (Taiwan), cidade natal do escritor/ilustrador. Coincidencia?... Pode ser.
Ao día seguinte tiñamos un mail confirmando que podiamos usar as súas ilustracións sen problema.
Hoxe, Día dos Namorados, estrenamos cabeceiras nos blogues da biblioteca e do Club de lectura. Agora o dificil vai ser que o contido non deshonre o nivel das ilustracións.
A ilustración desta cabeceira viña acompañada do seguinte texto:
"... es igual que en una biblioteca, no se puede molestar a los demás porque sí. Tampoco puedes fisgonear lo que hacen ni qué libros están leyendo sólo tienes que hacer lo que te apetece a ti, tranquila y alegremente".
"Esconderse en un rincón del mundo".
Jimmy Liao.
Jimmy Liao.
1 comentario:
Moitas grazas. Aínda comezando...
Publicar un comentario