2ª sesión coa 1ª metade e a 2ª metade do grupo de 1º e 2º da ESO
A segunda sesión do
Club de Lectura celebrouse o día 9 de decembro de tres a catro e dez, pero esta
segunda xuntanza fíxose só con doce
alumnos e alumnas de 1º de ESO e o día 16 de decembro, tamén de tres a
catro e dez, para alumnado de 2º de ESO ( sete alumnas e 1 alumno). Para os dous
grupos sesión estivo dividida en dúas
partes:
Como estableceramos
na primeira sesión, cada membro do club, despois da lectura do libro, tiña que
facer unha preselección de dez poemas e deses escoller dous que traerían
marcados no libro ou escritos nun
folio.
A primeira parte da
actividade estivo centrada na lectura deses poemas seleccionados. O alumnado despois de dicir o nome do autor ou
autora e título do libro no que se atopaba, ía lendo de forma voluntaria os seus poemas, despois da lectura faciamos unha reflexión
sobre o contido dos textos ou algún
comentario oportuno sobre o ou a poeta.
A segunda parte da
sesión comezou cunha presentación en
power point de aspectos relevantes do
segundo libro proposto, Mande su hijo a Marte de Fernando Lalana, neste caso en castelán. Nesa presentación,
formada por cinco diapositivas, o alumnado recibiu información do título, autor, xénero, subxénero, argumento, personaxes principais e valores que
transmite o libro. Ademais tiveron a oportunidade de tocar o libro e ler as
oito primeiras páxinas nas que o alumnado viaxou ata o século XXIII e coñeceu a
protagonista da nova aventura lectora,
creando nos e nas participantes grandes expectativas.
Foron unhas sesións enriquecedoras nas que todos gozamos coa lectura de poesía e narrativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario