Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

12 nov 2019

Curso 2019-2020

1ª sesión co Grupo de 3º e 4º ESO 


O día 11 de novembro de 2019 xuntámonos por primeira vez os alumnos e alumnas anotados no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO, o número de asistentes foi 25.

Para o alumnado de nova incorporación, empezamos explicando en que ía consistir o club de lectura e as normas a seguir, tamén falamos das datas das reunións (que serán unha vez ao mes dependendo das actividades e dos períodos de vacacións). Todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar as normas do club, aínda que a algúns e algunhas houbo que lembrárllelas un par de veces máis.  

     A continuación presentamos o primeiro libro para ler este trimestre. Trátase de Os nenos da varíola de María Solar. Como introdución falamos brevemente da enfermidade da varíola na historia da humanidade, o descubrimento da vacina e a situación actual.   


    Para introducilos na época do libro, vimos uns fragmentos da película 22 almas, que tamén se centra na historia de Isabel Zendal e dos 22 orfos do hospicio de A Coruña que levaron a vacina a América coa fin de familiarizalos coa forma de vivir de aqueles tempos en contraste coa situación actual. Ao rematar quedaron en ler a novela para a próxima sesión en decembro. 

No hay comentarios: