Excursión a Santiago de Compostela dos Clubs de lectura
O día 23 de abril 36
dos membros dos dous Clubs de lectura fixemos unha excursión á cidade de Santiago
de Compostela para visitar O Museo do Pobo Galego, xa que Antón Fraguas Fraguas, figura a que se
lle dedica este ano o Día das Letras
Galegas, colaborou activamente na súa posta en marcha e no seu
desenvolvemento.
Comezamos a excursión cunha visita ao Museo, onde participamos
na actividade “Regueifas
pola Igualdade”. Dúas monitoras recibíronnos cunha regueifa nas
escaleiras do museo e despois guiáronnos á planta superior onde nos ensinaron
como “fabricar” regueifas: “o ritmo,
o tono, a rima, a duración dos versos, etc.”
Seguidamente o alumnado dividiuse en grupos e empezaron a producir regueifas tomando como base os cadros e as esculturas da sala e unha lista de palabras proporcionadas polas monitoras. Esta actividade foi moi divertida e aínda xurdiron regueifas moi “xeitosas” que grabamos en vídeo.
Pero non pensedes que todo saiu ben á primeira, algúns grupos necesitaron máis tempo de ensaio, alí van as tomas falsas.
Unha vez rematada a actividade fixemos un percorrido polo museo para admirar e comentar as obras de arte alí expostas. rematar o percorrido, como xa eran as dúas da tarde e os rapaces e rapazas
devecían por xantar, o autobús achegounos a un centro comercial onde puidemos
xantar e descansar un rato.
Unha hora despois nos veu recoller e levounos á zona
da Catedral. Alí percorrimos a Praza do Obradoiro para ver a fachada
da Catedral e a do Hostal do Reis Católicos, seguidamente bordeamos a Catedral
e fomos á Praza da Quintana onde
está o acceso á Catedral. Entramos e vimos unha parte da Catedral xa que está
en obras con andamios e cuberta na súa maior parte, por sorte puidemos abrazar
ao Apóstolo e baixar á tumba, mágoa non ter visto o botafumeiro e algunhas das
capelas por mor das obras de renovación. Aínda así a visita gustounos moito.


Foi unha excursión moi ben aproveitada. ¡Mágoa que
rematase! Esperamos a do próximo curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario