2ª Sesión do club de lectura co grupo de 3º e 4º da ESO
O 10 de
decembro de 2018 tivo lugar a segunda sesión do grupo de 3º e 4º da ESO tocaba traer lido 22 segundos e falar sobre el. A conversa encheuse coas distintas opinións dos e das participantes,
falamos de temas como a integración, a tolerancia, o respecto á diversidade, etc.
En
xeral, o libro gustoulles, salvo algunhas contadas excepcións, coa idea xeral
de que nos conta unha situación “casi” ideal con respecto a este tema. O libro realmente
o que nos conta é como “debería” tratarse este tema. En canto aos personaxes, o
avó foi o favorito sen discusión.
Ao estar na
tempada de exames e con moitos nervios houbo que lembrarlles as normas do club,
saber estar, participar, respectar as quendas de palabra, etc. O propósito é
seguir ditas normas na próxima sesión.
Finalmente
presentamos o próximo libro Xa non estou aquí da escritora Iria
Misa, limos os dous primeiros capítulos e comentamos sobre os perigos aos que
están expostos os e as adolescentes (accidentes, drogas, intoxicacións, etc.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario