1ª Sesión do Club de lectura de 3º e 4º da ESO
O día 12 de novembro xuntámonos por primeira vez os
alumnos e alumnas anotados no Club de Lectura
de 3º e 4º da ESO, o número de asistentes foi 17
Empezamos explicando en que ía consistir o club
de lectura, falamos das datas das reunións (que serán unha vez ao mes dependendo
das actividades e dos períodos de vacacións)
Todos e todas comprometéronse a seguir e aceptar as normas do club.
A continuación presentamos o primeiro
libro para ler este trimestre. Trátase de 22 segundos de Eva Mejuto, un libro doado de ler que nos narra a transexualidade
de Alex, que naceu con corpo de nena, e o seu tránsito ata o momento que sube a
Internet un vídeo explicando que a partir de agora xa non é “Xela” senón
“Alex”. O título do libro fai referencia ao tempo que tarda o vídeo en cargarse
na rede.
Aínda que este libro estaba programado para
o 2º trimestre, pareceunos axeitado incluilo neste comenzo de curso xa que cuadra
moi ben co tema do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, para poder falar
da discriminacion, da falta de respeto, do odio a todo o que é diferente,
etc.
Xa para rematar lemos en alto e por turnos
o primeiro e o segundo capítulo do libro e quedaron en ler a novela para a próxima
sesión en decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario