Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

5 jun 2018

Curso 2017-2018


                             Excursión do día 3 de maio de 2018 

O día 3 de maio os membros dos dous Clubs de lectura fixemos unha excursión á cidade de Pontevedra, xa que Mª Victoria Moreno, figura a que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, pasou a maior parte da súa vida nesta cidade. 



 Comezamos a excursión cun paseo polo casco vello da cidade, cunha parada na Igrexa de Santa María onde puidemos subir ao campanario e ter unha vista de paxaro da cidade. 







Continuamos o paseo pola zona vella vendo as estatuas de Valle Inclán e a o grupo escultórico do artista César Lombera da Plaza San José, que recrea una tertulia de intelectuais galegos do século XX. Esta obra de arte rememora as tradicionais tertulias políticas, literarias e culturais que ao longo do século XX se realizaban no Café Moderno. As esculturas, realizadas en bronce a tamaño natural, mostran ao músico Manuel Quiroga que interpreta una pieza co seu violín, de pé e ante un grupo composto por Carlos Casares, tamén de pé, e sentados están Castelao, Ramón Cabanillas, Valentín Paz Andrade e Alexandre Bóveda. O grupo escultórico inclúe dúas cadeiras valeiras, que poden utilizarse como un elemento integrador co público a modo de invitación a sentarse. 








A seguinte parada foi no Museo de Pontevedra, onde puidemos admirar pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles, xoias, etc. Obxectos que permiten coñecer, a través do seu estudo, a evolución da sociedade galega desde os seus inicios máis remotos ata a actualidade. 







Finalmente, cando salíamos do Museo para volver ao autobús, atopamos ao Youtuber Gollegz, que se fixo unhas fotos cos seus fans. 

 Foi unha excursión moi ben aproveitada.¡Mágoa que rematase! . Esperamos a do próximo curso.

No hay comentarios: