Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

24 ene 2017

"As laranxas de Carlos Casares" (III)

O luns 23 fixemos unha posta en común dos distintos contos da Galiña azul que leron os rapaces do club, recollendo as distintas propostas que consideraban axeitadas para a súa posible adaptación dramática. A partir dos textos orixinais fumos entrelazando entre todos/as as distintas historias, identificando distintos personaxes e establecendo os diálogos oportunos. Nos vindeiros días iremonos xuntando para darlle remate á adaptación e comezar a traballar con ela a partir do mes de febreiro. Aí vos deixamos o inicio da nosa adaptación:



A GALIÑA AZUL
 (Entra pola praza do pobo o Leoncio, un tolo con manías de electricista. Preto da fonte atópase unha señora vendendo froita, e uns nenos xogando)
LEONCIO: (subido a unha pedra e dirixíndose ao ceo a berros) os avións non son paxaros e polo tanto non poden voar.
(Achégase unha nena a el mirándoo sorprendida)
LEONCIO: se eu quixese podería facerte voar coma se foses unha bolboreta
FROITEIRA (dirixíndose a nena) non lle fagas caso ao Leoncio, é un tolo con manías de electricista. Encántanlle os inventos. Xa leva inventado unha alfombra voadora e non sei que máis... Anda todo o día a falar cos paxaros e as formigas, seica inventou un idioma chamado o “papapío” que lle permite comunicarse con eses animais
LEONCIO (mirando un paxaro) paspallís pío pío pían... raspapín pau...
(Entra o garda pola praza do pobo, movendo a súa porra. Desaparece)
 FROITEIRA:  ¡laranxas, pavías, ameixas e mazás! ¡coman froita, tres pezas ao día! ¡San e natural!
(os nenos deixan de xogar e póñense a falar)
NENO 1 esta mañá apareceron formigas no cuarto rosa da miña casa. Viñan do formigueiro que está no patio. Entraban pola ventá e ían cara a cociña na busca de azucre
NENO 2 (pondo cara desexosa de azucre e movendo as mans como se fose unha formiga camiñando) azucre azucre
NENO 1 meu pai, que sente gran cariño polos bichos, andou mirando a caravana de formigas cunha lupa e descubriu unha formiga que camiña fóra da fila
NENA 3 as formigas van sempre en caravana e en fila india
NENO 1 pois esta camiñaba pola súa conta, fóra da fila, moi paseniñamente. O meu pai mirouna coa lupa, e sabedes que descubriu? Que a formiga tiña unha pata rota, por iso andaba tan a modiño
NENO 2 (imitando a un esquiador) como nevou o outro día, ao mellor andou esquiando e partiu unha pata
NENA 3 e entón que lle pasou a formiga esquiadora?
NENO 1 meu pai estívoa observando todo o tempo, a formiga tardou moito en chegar ao sitio do azucre, pero chegou. Sabes o que fixo entón? Colleu unha pedra grandísima, a pedra de azucre máis grande que había, e marchou con ela (o neno 2 trata de imitar os movementos que vai narrando o neno 1 ) Levoulle preto dunha hora atravesar unha baldosa, cando a tiña atravesada, meteuse, sen querer, nunha pucharquiña de auga, e como andaba tan amodiño, derretéuselle o azucre.
NENA 3 ouhhh que pena!
NENO 1 deu a volta e volveu coller outra pedra de azucre grande. Aínda non andara dúas baldosas, cando chegou unha mosca e lle roubou o azucre (neno 2 facendo burla)
NENA 3 ouhhh que pena!

NENO 1 unha vez máis colleu outra pedra e marchou con ela ao lombo... pesáballe tanto que case que non podía andar (ton triste) . Despois de moito traballo, despois de varias horas ( agora atenden os outros nenos) cando xa empezaba anoitecer, cruzou o buraco da ventá e saíu ao patio. Pero alí non puido máis e morreu desfalecida e sen forzas ao pé dunha herbiña.
NENO 2-3 (chorando) ouhhh
(Entra o garda cantando todo contento, movendo a porra)
GARDA: ( diríxese cara o estanque onde sorprendido, colle un peixe azul e vermello que flota morto. ) ¡pobre peixe!
FROITEIRA: foi un neno que lle pegou cun pau
GARDA:  (dirixíndose aos nenos) Quen foi?
(empezan a discutir entre os nenos sinalando todos ao que ten cara máis traste)
GARDA: así que si
(de súpeto achégase Leoncio xunto deles)
LEONCIO: señor garda, onte fixo moita calor. Estaba eu sentado aquí neste banco, cando chegou un paxaro a beber. Viña tan canso  que caeu demasiado antes de chegar á fonte. No chan daba chíos de dor. Entón un peixe pegou un salto, saíu da fonte e colocouse debaixo do bico do paxaro para que este puidese beber as pinguiñas da auga que esvaraban polo seu corpo azul e vermello. Ao sentir o fresquiño, o paxaro volveu en si e bebeu, pero cando acabou de beber, o peixe estaba morto. Eu mesmo collín o seu corpo e depositeino de novo  na fonte.
(O garda marcha da praza non moi convencido mentres todos os nenos aplauden o Leoncio polo discurso)

No hay comentarios: