Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

20 ene 2013

La gramática del amor: Ou as pasarelas cara a outras lecturas, música, cinema, pintura...

Limos este libro con tempo e agora quedamos para comentalo este luns 21 de xaneiro, os compañeiros de 3º e 4º. Falaremos do amor nos seus diferentes aspectos: primeiro amor, amor paixón, amor tranquilo, amores contrariados, amores non correspondidos, tráxicos, eternos... Tema complexo, universal, atractivo, o amor como idea e o amor como realidade, en definitiva, como ese compromiso tan humano que ten que ver con todos nós. 
E a literatura, que está aí para contalo, para reflexalo e reflexionalo. Queremos invitarvos a que deades a volta a cada páxina de cada lectura das que fai referencia este libro de Rocío Carmona, que pretende atraervos coas numerosas referencias literarias, musicales, pictóricas, etc. que enriquecen esta historia adolescente de iniciación polas sendas dos sentimentos e das emocións.

Con anterioridade fixeramos xa unha entrada no blog biblosvivos para presentarvos "La gramática del amor" cando saíu publicada. Nela podedes atopar referencias a cada libro citado.

A autora Rocío Carmona é periodista, editora e forma parte do grupo musical Nikosia.  Comprobade que ben soa a súa "The grammar of love




Deixamos aquí unha ficha ben completa a modo de guía de lectura:

FICHA DE LECTURA:

LA GRAMÁTICA DEL AMOR – ROCÍO CARMONA

            “Nunha hora de amor hai unha vida enteira” – Honoré de Balzac.

TÍTULO: La gramática del amor.
AUTOR: Rocío Carmona.
LUGAR DE PUBLICACIÓN: Barcelona.
EDITORIAL: La Galera.
COLECCIÓN: Narrativa singular.
ANO DE PUBLICACIÓN: 2011
PUBLICADO EN ESPAÑA: 2011
PREMIOS:




SOBRE A AUTORA:

            Rocío Carmona naceu en Barcelona en 1974. É licenciada en Periodismo pola Universidade  autónoma de Barcelona, onde tamén estudou Humanidades. Cursou un máster en Dirección de Marketing e Publicidade na Univ. Oberta de Catalunya.  Fixo traballos vinculados á xestión cultural e á comunicación, e hai uns anos exerce como directora editorial de Urano y Tendencias. É cantante da banda Nikosia, que publicou o seu primeiro disco en 2010, The Long Journey of Wolves (Warner)


ARGUMENTO:

            Irene ten 16 anos e ten que marchar a un internado no sur de Inglaterra, en  Cornualles. Así o decidiran os seus pais tras o seu divorcio. A miudo a súa timidez facíaa precipitarse ao falar, algo que moita xente confundía coa insolencia. Alí terá oportunidade de namorarse, de aprender a conxugar a gramática do amor, guiada polo profesor de lingua Peter Hugues, quen a través de diversas lecturas recomendadas vai axudando á protagonista a facer reflexións e conclusións. Porén, aprenderá sobre todo vivindo variadas experiencias: namorada de Liam, do profesor Peter, de Marcelo sen ser consciente.... Comeza e remata o libro pensando que “o amor é un inferno onde te quedarías a pasar a eternidade”, mais a negatividade inicial acaba dando paso a unha madurez emocional. Será capaz de disfrutar da alegría absurda e irracional de correr a carón dun amigo, disfrutando do silencio e da natureza con Marcelo, un ser puro e sen recantos sombríos, alguén que a comprendía e a aceptaba tal como era.

 


            Tanto a música como determinadas lecturas forman parte da trama, moi ben engarzada pola autora para facer “pasarelas” cara a lecturas de peso, que ben serven de referencia para aclarar as ideas e emocións da protagonista adolescente:








Lecturas:
 
O primeiro amor:
-Haruki Murakami: Ao sur da fronteira, ao oeste do sol. (2003)
            Historia de Hajime (principio), mozo acomplexado de 12 anos que se sinte diferente aos seus compañeiros de escola. Mais entabla unha profunda relación de amizade con Shimamoto, unha nena extraordinaria da súa aula. Anos máis tarde reencóntranse e tentan resucitar aquel primeiro amor, en circunstancias moito máis complicadas ca as da infancia. Ámbolos dous eran fillos únicos e reúnense polas tardes para tomar té e escoitar vellos discos de vinilo.
             Lendo este libro Irene pensa que Murakami resume moi ben o que é o amor. Estar namorado é sentirse ante un catálogo marabilloso cheo de infinitas posibilidades. É saberse un paxariño perfecto que patrulla os ceos sentindo que encontrou a súa verdadeira razón de ser, o seu centro, o seu motivo. Conclúe Irene: “Somos o que queda de nós cando nos rompen o corazón por primeira vez. A miudo basta con saber que fuches elixida para que te namores da persoa que te encontra especial. Non será o primeiro amor a sorpresa de que alguén, entre a multitude, te sinale xustamente a ti? Quizá por iso é tan emocionante”. Este libro fíxoa pensar na importancia do primeiro amor e en como chega a modelar a vida dunha persoa. En como podemos namorarnos da vida a través desa persoa especial. Pero dentro de cada persoa hai acantilados profundos e perigosos e resulta difícil salvarse cando caes neles.

-H. Murakami: De que estou a falar cando falo de correr. (2008)
            O autor explica as súas experiencias como corredor e novelista.

Os prexuizos da diferenza de clase:
-Jane Austen: Orgullo e prexuízo. (1797)
            Comeza así o libro: “É unha verdade xeralmente admitida que un home solteiro, posuidor dunha grande fortuna, debe tomar esposa”. Cóntanos os amores entre Elizabeth Bennet e Mark Darcy, quen é un rico e distinguido cabaleiro que se resiste aos seus sentimentos por Lizzy movido polo orgullo de clase, que fai que dubide en emparentarse cunha vulgar familia rural. Ela o considera un home altivo e mesquiño, indigno de todo sentimento. Mais chegan a superar estas dificultades.

O amor non correspondido:
-Stefan Zweig: Carta dunha descoñecida. (1927)
 Narra a historia dun amor tráxico e non correspondido.
            Pensa ela que o  amor que permanece oculto, que non se expresa, convírtese nun monstro que devora corazóns. Hai que arriscarse e deixalo saír, aínda a risco de estrelarse. Se levamos dentro unha paixón e non llela confiamos a ninguén, nin sequera á persoa que máis nos ama, acabarase estancando e apodrecendo e as consecuencias poden ser catastróficas.

O amor paixón ou o amor tranquilo:
-León Tolstói: Ana Karenina. (1877)
 Ocorre a acción na Rusia imperial ao final do século XIX, tres décadas antes da Revolución rusa. Dous homes, o seu marido e o seu amante, constituían para ela os dous centros da súa vida, e sen axuda dos sentidos percibía a súa proximidade.
            Tolstoi era un verdadeiro xenio e un idealista. Fundou unha especie de escola libertaria para os pobres, pero acabaron pechándollela. Era dos que queren cambiar o  mundo. Foi o precursor da non violencia, e as súas ideas inspiraron a Gandhi e a Martin Luther King, aínda que tamén fixo algunhas cousas extravagantes. Era fillo dunha princesa e dun conde, pero terminou traballando de zapateiro un montón de horas ao día, comendo  leituga e durmindo sobre un colchón  no chan. Con 80 anos escapouse da súa casa, porque a súa dona non entendía que quixera vivir como un monxe.
As dúas caras do amor: A maioría das novelas románticas terminan de maneira tráxica. Parece, pois, que no amor só existen dúas posibilidades. Por unha banda está a paixón desenfreada, que chea aos seús protagonistas de sentimentos cercanos ao éxtase e que arrasa con todo o que se interpón ao seu paso, sen importar as consecuencias. É o amor entre Vronsky e Ana, que os condena, sobre todo a ela, a desaparecer do mundo e perder todos os seus asideiros. Por outra banda temos o amor tranquilo, quizá máis convencional, de Kitty e Levin. Daquela…, todas as grandes paixóns teñen que acabar mal? Temos que conformarnos con un deses amores tranquilos?...
Co tempo poderemos comprobar que estes amores teñen moito de bo.

O amor imposible e tráxico:
-Goethe: As desventuras do xoven Werther. (1774)
 Conta a historia dun xoven sensible que pasa unha tempada no campo. Alí coñece a Lotte, de quen se namora inmediatamente pese a saber que está comprometida con Albert, un cabaleiro moito maior ca ela. Aínda que o seu amor é imposible Werther non pode deixar de vela e faise amigo da parella, á quen visita con frecuencia, Pero ela decide poñer fin a esta situación inadecuada, e el decide suicidarse.
O libro comeza con estas palabras: “¡E ti, alma sensible e piadosa, oprimida e aflixida por iguais quebrantos, aprende a consolarte nos seus padecementos! Se o destino ou os teus erros non te permiten ter perto a un amigo, que este libro poida suplir a súa ausencia”.

            “Wilhem, que sería sen amor o mundo para o noso corazón? Unha lanterna máxica sen luz. Apenas pos a lampariña aparecen sobre a túa branca parede imaxes de todas as cores. E aínda cando non fosen máis ca iso, fantasmas pasaxeiras, constitúen a nosa felicidade se as contemplamos como nenos pequenos e nos extasiamos ante esas marabillosas aparicións…Será a felicidade produto da fantasía?”

            Irene e Marcelo aprenden que cando morres polos ósos dalguén e non vas ser correspondido, o mellor favor que te poden facer é darche coa porta no nariz. Nada doe máis nestes casos ca un pouco de compaixón, porque coa esperanza ábrese unha ferida que non deixa de supurar.
            Ante a paisaxe de Cornualles chamada Land’s End (fin da Terra), o profesor Peter Hugues relaciona o libro de Werther coa pintura de Caspar David Friedrich, pintor alemán romántico, titulada “O camiñante fronte ao mar de nubes” de principios do s. XIX. Literatura romántica alemana que se designaba polo nome de Sturm und Drang (tempestade e ímpetu). Os románticos eran individualistas e amaban a liberdade de expresión sobre todo. Apreciaban o misterio e o poder da natureza. O libro Werther é anterior á pintura. Libro que chegou a prohibirse na súa época porque provocou que cerca de dous mil xóvenes se suicidaran, posuídos polo espírito tráxico do protagonista. Causou verdadero furor e converteuse nun dos primeiros fenómenos de masas. Os lectores imitaban a Werther no seu comportamento de namorado dorido/doente, e incluso vestían coma el.  Irene acaba pensando despois de ler este libro que o amor romántico non existe. Só é unha proxección das nosas propias carencias sobre a persoa amada, a quen atribuímos toda clase de virtudes sen coñecela. Cre que o amor romántico non é máis ca unha fantasía da nosa mente. Parécelle que a adoración de Werther por Lotte sen apenas coñecela é unha auténtica esaxeración.

                       O camiñante fronte ao mar de néboa.

O amor a diferentes idades e a dor:
-Charlotte Brönte: Jane Eyre. (1847)
            Conta a trepidante historia dunha nena orfa criada por unha tía malvada e déspota, rodeada de privacións e carente da calor humana. Sofre os abusos da tía e dos primos ata que marcha a estudar a un internado moi duro, pero chega a ser profesora. Acaba marchando, aos 20 anos, como institutriz a Thornfield para facerse cargo de Adèle, unha nena recollida polo señor Edward Rochester. Jane namórase de Rochester, e despois de moitas vicisitudes el acaba pedíndolle matrimonio. Pero a historia líase cando se sabe que el xa estaba casado cunha muller demente que ten recluída no ático de Thornfield. Jane, muller forte e de principios, valente, que non ten medo de dicir o que sinte, fuxe, pero vai volver e comproba que el está cego e malvive despois do incendio da súa casa provocado pola súa muller, que morre nel. Acaban xuntos. Cando Jane se da conta de que está namorada, a pesar dos seus intentos por escapar a ese sentimento di:” Mireino e obtiven delo un intenso pracer, un pracer prezado aínda que doloroso: de ouro puro cunha punta ferinte de aceiro.”
Libro onde aparecen moitos tipos de amor: maternal, paixonal, fraternal, incluso os efectos que pode ter para unha persoa vivir unha existencia sen amor.

O amor contrariado en espera e o amor na vellez:
-Gabriel García Márquez: El amor en los tiempos del cólera. (1985)
            Era o último libro da clase da gramática do amor e lle facía ilusión que o curso acabara cunha novela escrita orixinalmente en español.
            A historia comeza cunha morte, a do amigo íntimo dun protagonista da novela, o doctor Juvenal Urbino, marido de Fermina Daza. É a historia da traxectoria da parella e de Florentino Ariza, terceiro en discordia, que está namorado de Fermina dende sempre e a espera ata que os dous son xa vellos. A linguaxe deste escritor fascinou a Irene coas súas frases longas e cadenciosas, cheas de poesía. Podía ulir as súas metáforas e palpar os seus adxectivos. As palabras se lle enredaban no corazón como lianas exuberantes trepando polo tronco dunha árbore ata posuílo. Nunca lera unha prosa tan colorida, máxica e sensual. Juvenal explicaba que o aroma dos amores contrariados é  o das améndoas amargas, posto que ese é o rastro que deixan as emanacións de cianuro no corpo dunha persoa que se suicida por amor. Concluía Irene que parecía que a esencia mesma do amor era a contrariedade, todos os obstáculos que ían aparecendo no camiño.
Perder o amor é como estar morto en vida.
Luego miró a Florentino Ariza, su dominio invencible, su amor impávido, y lo asustó la sospecha tardía de que es la vida, más que la muerte, la que no tiene límites”.


            No seu último encontro Irene e o profesor conclúen:

El- Segundo o taoísmo, os estados máis elevados da alma alcánzanse cando conseguimos fluír co mundo e os nosos sentimentos forman parte desa corrente.
Ela- Cando o amor chega é furioso, imparable, arrolador.
El- Pero lembra o que aprendimos con Ana Karenina acerca dos amores tranquilos.
Irene púñase nerviosa cando lle facían preguntas directas. O seu carácter reflexivo necesitaba a soidade e a familiaridade dunha páxina en branco para sacar conclusións acerca de calquera cousa.
Ela- O amor é como navegar por un mar tempestuoso. Hai que estar moi vixiante para non estrelarse contra os escollos ou os obstáculos que van saíndo ao paso.
El- Daquela, ti cres que un bo amor ten que ser necesariamente difícil, un amor contrariado como o da novela de García Márquez?. Estar namorado é expoñerse a un naufraxio constante. Naufragamos con cada fracaso. Do que se trata é de sobrevivir ás tempestades para que, algún día, poidamos chegar ao porto onde alguén nos estará a agardar só a nós.
Ela- O importante para un navegante do amor é ter claro en que porto quere desembarcar.

            …Irene aumentou o ritmo da súa carreira tanto como puido. Baleirouse ata mergullarse nesa sensación xa coñecida de desdobramento. Os seus pés movíanse sós namentres a súa mente voaba, libre de todo pensamento, por enriza das cabezas dos asistentes.
El- Nunca é demasiado tarde. As veces o final do camiño non é maís ca o principio doutro. Nunca se sabe!


Música:

-The XX: grupo de punk-rock independente de moda, saído da Elliott School, mina de talentos musicais. Escoitan a canción Islands: fala de non ter que irse nunca maís a explorar outros lugares porque o que quero está aquí…
-Muse
-Elvis Presley
-The Beatles
-Abba
-Madonna
-Spice Girls
-Fiona Apple: Across the Universe.
-Amy Winehouse: Rehab. I Want To Break Free.
-Carly Simon: You’re So Vain . Fala dunha festa e dun mozo vaidoso que cre que a moza non pode vivir sen el e que a canción é para el.
-Frank Sinatra: Love Has Been Good To Me. Fala dun trotamundos que anda só e feliz e nunca atopou un fogar, pero está ben porque de vez en cando, ao longo do camiño o amor tratouno ben, e aínda que quixo, cando el ou ela marcharon, nunca se lamentou.           Something Stupid. Direi algo estúpido como”quérote”
-Serge Rachmaninoff: Concerto Número 2. Último dos grandes compositores románticos e grande pianista que escribiu esta obra para recuperarse dunha depresión moi profunda; adicouna ao médico que lle axudou a superar a depresión. Peza de moi difícil ejecución, é o concerto romántico por excelencia.
-Keren Ann: End of May. Voz delicada que pide pechar os ollos e pedir un desexo, despois  tirar o dado que podería conducirte ao paraíso.
-Billy Holiday: I’m a Fool To Want You. (Son tonta por quererte).Voz rota cargada de tristeza e desexo contido, que con toques de jazz desgrana esta belísima canción.
            Sophisticated Lady.
-Duke Ellington e Louis Armstrong: con modales aristocráticos Duke, un dos mellores compositores de jazz, que inventou o swing; e Louis, aberto e sorrinte sempre coa súa voz grave. Os cabaleiros sempre acentúan os tempos débiles”.
It Don’t Mean Anything If Ain’t Got Swing. Música alegre e despreocupada, co ritmo e aires de Nova Orleans.

-Filmes:

-Richard Curtis: Love Actually. (2003)
Historias entrecruzadas cuxo denominador común é sempre  o amor. “Pensou Irene que o amor era máis que os enredos divertidos e as paixóns edulcoradas que retrataba o filme. Non era a amizade outra forma de amor, incluso máis pura e xenerosa?”. O amor en realidade está en todas partes.

-François Truffaut:  As dúas inglesas e o continente. (1971)
Conta a historia de dúas irmás que se namoran do mesmo home.


CUESTIÓNS:

1-Tema
2-Argumento
3-Caracterización dos personaxes principais
4-Que pensas das lecturas que lle recomenda o profesor? Cres que lle axudan a aclarar
    as ideas sobre as relacións humanas? E a ti?
5-Como valoras a relación do profesor e Irene?
6-Cal é a túa postura ante o namoramento e ante o amor?
7-Conclusión e valoración persoal

                   O mar de xeo.

Islands- The XX

Ya no tengo que irme
Lo que tengo está aquí
Antes pasaba noches y días 
Buscando en el mundo lo que está aquí

Por debajo y sin explorar
Islas y ciudad he mirado
Aquí vi
Algo que no puedo ignorar

Soy tuya ahora
Así que ahora nunca tendré que irme
He sido encontrada
Así que ahora nunca exploraré

Mira lo que he hecho
Ese puente está ardiendo
Y así he estado yo
Estoy congelado por el deseo
No hace falta que me vaya

Donde estaría
Si estoy se fuera abajo
Es un riesgo que correré
Estoy congelado por el deseo
Como si fuera una elección que hice

Soy tuya ahora
Así que ahora nunca tendré que irme
He sido encontrada
Así que ahora nunca exploraré

Soy tuya ahora
Así que ahora nunca tendré que irme
He sido encontrada
Así que ahora nunca exploraré

Así que ahora nunca exploraré






                                                         Paula Fernández Bañuelos
                                                         Salceda de Caselas, 2012-2013

No hay comentarios: