Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

11 dic 2012

CRITERIOS E NORMAS PARA FORMAR PARTE DO CLUB DE LECTURA

   Érase unha vez un club de lectura  ao que quixeron pertencer tantos "siareiros da palabra" que tivemos que establecer por acordo unhas normas para poder entendernos, falar e escoitar.

   Consideramos que sería práctico publicalas no noso blog para que todos as teñamos en conta.



I
NORMAS E COMPROMISOS
 DOS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA



1. É obriga dos membros do club de lectura ler os libros que propoñen os profesores encargados.
2.  Nas sesións do club, e sempre que haxa intercambio de opinións ou debate, debemos actuar dacordo co seguinte procedemento:
                -Escoitar en silencio e con respecto a quen estea no uso da palabra.
                -Erguer a man para solicitar intervir.
                -Expresarse razoablemente e nun ton de voz adecuado.
                -Evitar calquera tipo de descalificacións a outros membros que expresen
             opinións distintas á propia.
                -Non establecer conversas en pequenos grupos ou parellas que distorsionen o
             intercambio xeral de opinións.
3. Rotatoriamente, asumiremos o papel de moderador /a do debate.
4. Nas sesións nas que se proxecte algunha película ou calquera audiovisual gardaremos o máis absoluto silencio.
5. Tódolos membros do club de lectura comprometémonos a asistir como público ós actos denominados TAMÉN LEN, nos que o instituto convida a unha persoa allea á nosa comunidade escolar para que nos descubra os seus gustos como lector/a e lea en voz alta para nós. Convén lembrar que estes actos celébranse sempre no tempo de recreo.
6. Igualmente tódolos membros do club de lectura adquirimos o compromiso de participar no blog do club e no blog da biblioteca, deixando as nosas opinións regularmente sobre os libros lidos e as actividades realizadas, así como suxerencias para o mellor funcionamento, suxerencias lectoras, críticas de libros, etc.
7. O club de lectura vencéllanos necesariamente con tódalas outras actividades da biblioteca, ás que asistiremos e nas que prestaremos a nosa colaboración cando así se nos requira.
8. Adquirimos tamén o compromiso de velar polo coidado dos espazos de lectura do instituto, nomeadamente a biblioteca e a sala de lectura de xornais e revistas.
9. O incumprimento destas normas e compromisos é motivo de exclusión inmediata de tódalas actividades do club. Os profesores encargados comunicaranlle ao alumno/a que deixa de pertencer ao club de lectura e, posteriormente, a través do titor/a e da xefatura de estudos poñerase en coñecemento dos seus pais, aos que se lles indicarán as razóns da exclusión.
10. É tamén motivo de apartamento inmediato do club a implicación en calquera alteración da orde das clases, en incidentes que conleven a expulsión da aula ou noutros que transcorran no recinto escolar e que supoñan algún tipo de discriminación, maltrato ou agresión física ou verbal a outros membros da comunidade escolar.
11. Por último, a participación ordenada nas actividades do club e da biblioteca, e o cumprimento destas normas e compromisos, recoñeceránselle aos alumnos/as ao finalizar as sesións do club coa entrega dun diploma de participación. Estar en posesión deste diploma será mérito preferente para formar parte do club nos próximos anos, se é o caso.


CRITERIOS PARA FORMAR PARTE DO CLUB DE LECTURA



-SER AFECCIONADO Á LECTURA

-ESTAR ABERTO A NOVAS LECTURAS

-LER OS LIBROS ELIXIDOS CON TEMPO PARA PODER PARTICIPAR E
 OPINAR

-QUERER COMPARTIR OS TEUS COMENTARIOS, CONCLUSIÓNS, EMOCIÓNS

-SABER FALAR E ESCOITAR: APRENDER A DIALOGAR E DEBATER

-RESPECTAR AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS

-RESPECTAR AS OPINIÓNS PROPIAS E ALLEAS E DARLLES VALOR

-RESPECTAR AS NORMAS DE ESTANCIA A MEDIODÍA NO INSTITUTO:
     -non subir ao 1º andar, non entrar nas aulas, ter actitude tranquila
     -só podemos estar na Biblioteca, Sala de Prensa, Patio, Corredores planta baixa
     -estar puntuais ás 15h na Biblioteca para comezar a sesión do Club

-RESPECTAR O HORARIO DA SESIÓN DO CLUB: 15H-16’15H.

-RESPECTAR O HORARIO DE PROXECCIÓN DE FILMES: 14’15H-16’25H

-RESPECTAR O VISIONADO DE FILMES EN SILENCIO E SEN SAÍR DA SALA

-ACEPTAR A DIVISIÓN EN 2 GRUPOS DE 1º CICLO E 2º CICLO

-ACUDIR A ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLA BIBLIOTECA:
     TAMÉN LEN, PRESENTACIÓN DE LIBROS, EXPOSICIÓNS, RECITAIS, ETC.

-TER UNHA ACTITUDE POSITIVA NAS CLASES, SEN FALTAS DE ORDE

-PARTICIPAR NOS BLOGS DA B.E. E DO CLUB DE LECTURA: VISITALOS
 REGULARMENTE E DEIXAR COMENTARIOS SE SE DESEXA

-ESTES 15 MANDAMENTOS PÉCHANSE EN 2:
SABER ESTAR E PARTICIPAR



                                           OS COORDINADORES DO CLUB DE LECTURA
                                           Salceda de Caselas, Outono 2012



No hay comentarios: