Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

11 feb 2015

ENLEATE CO BO TRATO

A través do slogan "ENLEATE CO BO TRATO", os Siareiros da Palabra queremos sumarnos á iniciativa da defensa do Bo Trato que estamos a facer dende todas as aulas e grupos do noso centro educativo, para pensar en positivo as relacións; e, como non, tamén convidamos a ler unha serie de interesantes libros que temos na nosa BE, a escoitar certas letras de cancións ou a ver certos filmes que nos poden facer reflexionar, porque defenden un xeito máis libre e equilibrado de entendérmonos entre homes e mulleres e poñen en evidencia esta problemática e as actitudes que debemos cambiar para poder darlle solución. Sabemos que a base do cambio está na educación, que debe empezar de a tratar estes aspectos nas etapas iniciais, e que será a que faga posible mudar as circunstancias que xeran os malostratos.


Por iso, no mes de xaneiro fixemos unha sesión do Club de Lectura á que convocamos a todos os Siareiros/as da Palabra para facer a fotografía que nos representaría no mural do Bo Trato; ademais de rodar un video relacionado en contra da violencia de xénero, baseado nos versos orixinais que para a ocasión escribiron as compañeiras do Club, Águeda de 2º e Alba Fernández de 4º. Agradecemos tamén a montaxe con imaxes dos ensaios, títulos e música a Rubén. Escoitamos todas as nosas voces nun ou noutros versos, para darlle énfase e comprometernos e concienciarnos co Bo Trato na vida cotiá.



VERSOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
CLUB DE LECTURA. DECEMBRO 2014.


Que non che mintan, Princesa,
que os contos non se inventan.
Que non te insulten, muller
que ti o podes vencer.

                                                Por que lle pegas?

Se a maltratas a ela
maltrátasme a min.
O imposible non existe
sobre todo sendo ti.

                                               Non é a túa compañeira?

Soa non estás,
aqui tesme a min.

                                               Por que a agredes?

Se a maltratas a ela
maltrátasme a min

NON te deixes enganar
que hai persoas
que te queren axudar.

                                               Non é a ELA
                                               a quen máis queres?

Non lle deixes mandar
que ti o podes superar.

                                               Unha lesión
                                               non demostra amor.

Se a maltratas a ela
maltrátasme a min.

Se me queres
non me pegues.

                                               Un insulto
                                               non mellora
                                               a relación.
Um xoguete nunca fun
non me trates como elo
se me queres ter aqui.

SE A MALTRATAS A ELA
MALTRÁTASME A MIN.

___________________________________________

Versos orixinais de Águeda Comesaña e Alba Fernández. 
Decembro 2014.