Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

20 may 2013

Poesía, sempre en primavera


En dous luns consecutivos, asistimos ás sesións do Club de Lectura: con 1º e 2º, o 29 de Abril e con 3º e 4º, o 6 de Maio. A nosa intención foi adicar un tempo -como xa é usual entre nós- ao recitado de poemas en voz alta, para melloralo, compartilo e adicalo aos presentes. É unha actividade que sempre resulta de gran atractivo para todos aqueles que amamos "esas palabras que se encontran por primeira vez".


Aproveitamos un fermoso material que tiñamos feito coa selección de versos intemporais e valiosísimos e imaxes fotográficas alusivas ao "pracer de ler".

Disfrutamos da gracia e bon facer dos presentes, que cada vez se animaban máis a vencer a timidez inicial e lanzarse ao fragor do ritmo poético. 


Para guiar a aprendizaxe e disfrute, establecimos como pautas base:

-Facerse co sentido do poema un intre en silencio.
-Elevar a voz o necesario e vocalizar, xa que falamos para un público.
-Ler co "tempo" adecuado, sen presa.
-Procurar entoar cada verso axeitadamente.
-Seguir o ritmo, a cadencia adecuada atendendo á estrutura e ao contido e sentido do poema.
-Sentilo e deixarse levar.