Ilustración da cabeceira de Jimmy Liao

A ilustración da cabeceira pertence ao libro "Esconderse en un rincón del mundo" de Jimmy Liao.

20 ene 2013

La gramática del amor: Ou as pasarelas cara a outras lecturas, música, cinema, pintura...

Limos este libro con tempo e agora quedamos para comentalo este luns 21 de xaneiro, os compañeiros de 3º e 4º. Falaremos do amor nos seus diferentes aspectos: primeiro amor, amor paixón, amor tranquilo, amores contrariados, amores non correspondidos, tráxicos, eternos... Tema complexo, universal, atractivo, o amor como idea e o amor como realidade, en definitiva, como ese compromiso tan humano que ten que ver con todos nós. 
E a literatura, que está aí para contalo, para reflexalo e reflexionalo. Queremos invitarvos a que deades a volta a cada páxina de cada lectura das que fai referencia este libro de Rocío Carmona, que pretende atraervos coas numerosas referencias literarias, musicales, pictóricas, etc. que enriquecen esta historia adolescente de iniciación polas sendas dos sentimentos e das emocións.

Con anterioridade fixeramos xa unha entrada no blog biblosvivos para presentarvos "La gramática del amor" cando saíu publicada. Nela podedes atopar referencias a cada libro citado.

A autora Rocío Carmona é periodista, editora e forma parte do grupo musical Nikosia.  Comprobade que ben soa a súa "The grammar of love




Deixamos aquí unha ficha ben completa a modo de guía de lectura:

FICHA DE LECTURA:

LA GRAMÁTICA DEL AMOR – ROCÍO CARMONA

            “Nunha hora de amor hai unha vida enteira” – Honoré de Balzac.

TÍTULO: La gramática del amor.
AUTOR: Rocío Carmona.
LUGAR DE PUBLICACIÓN: Barcelona.
EDITORIAL: La Galera.
COLECCIÓN: Narrativa singular.
ANO DE PUBLICACIÓN: 2011
PUBLICADO EN ESPAÑA: 2011
PREMIOS:

A banda sen futuro: Música e literatura





Este pasado luns 14 de xaneiro, comezamos o ano comentando o libro "A banda sen futuro" de Marilar Aleixandre, lido polo alumnado de 1º e 2º. O profesor Xoán coordinou a sesión partindo da lectura e comentario de parágrafos significativos, que axudaron a recordar e tamén nos acompañou a música de Poch e Derribos Arias, de U2..., que puxeron banda sonora á historia, e máis os fragmentos de filmes como Mary Reilly, A lista de Schindler ou Fargo, aos que fai referencia o libro. Deste xeito tentamos contextualizar, ampliar e conectar diferentes medios e feitos que forman parte da nosa cultura.